martes, 21 de diciembre de 2021

NADAL SOSTIBLE






 Chega a época na que disfrutamos das festas do Nadal, non por iso, debemos esquecernos de coidar o medioambiente. Debemos coidar a enerxía e os recursos naturais, así que aquí vos damos algúns exemplos do que podedes facer.

Á hora de poñer a árbore, mercaremos unha artificial para poder reutilizala durante varios anos.

Cando falamos de alimentos, recomendamos que sexan produtos locais elixindo o material que empregaremos para elaborar os nosos platos.

Non menos importate é a iluminación, sempre que poidamos empregaremos iluminación LED , consumindo deste xeito menos enerxía.

E por último, en relación a decoración, faremos adornos de recortes utilizando materiais reciclados, así como no caso do empaquetado de agasallos.

Mostrámosvos un exemplo de empaquetado de agasallos feito polos alumnos de 1º E.S.O.

FACEDES ALGUNHAS DESTAS COUSAS?

viernes, 17 de diciembre de 2021

 

      Lecturas para o Nadal


¿Sabedes que é a divulgación científica?

  Ø  Todas as actividades (lecturas, charlas, blogs…) que fan accesible a todas as persoas interesadas no coñecemento científico da sociedade na que vivimos.

Por iso, aquí presentamos varios libros interesantes e entretidos de diversos temas relacionados coa ciencia.

En primeiro lugar, expoñemos un libro que trata e informa sobre a vida de Jane Goodall, Dian Fossey e Biruté Galdikas; tres marabillosas científicas que cambiaron a nosa visión do mundo animal.

·     Jane Goodall estudou coma ninguén antes aos chimpancés e descubriu que usan ferramentas coma nós.

·         Dian Fossey protexeu con firmeza o hábitat dos gorilas e deu a coñecer a súa precaria situación a todo o mundo.

·         Biruté Galdikas estudou un dos simios máis descoñecidos e á vez máis parecido a nós; o orangután, e revolucionou o movemento pola conservación da selva.




   Animais en perigo de extinción en 2023 Non mundo hay aproximadamente 7,7 millóns de especies de animais  diferentes, lamentablemente, arr...