lunes, 27 de febrero de 2023

 

 Animais en perigo de extinción en 2023


Non mundo hay aproximadamente 7,7 millóns de especies de animais 

diferentes, lamentablemente, arredor de 5.300 especies de animais 

están en perigo de extinción, dos cales 3.400 especies están en perigo crítico.


Pero, cando se considera que un animal está en perigo de extinción? 


Pois cando a cifra de animais vivos de esa especie ronda ou é inferior 

aos 2500 espécimes, non obstante, cando esa cifra é inferior aos 250 

exemplares vivos, considérase que esa especie está en perigo crítico,

cando eso sucede, normalmente se poñen en cautividade aos poucos 

integrantes que quedan vivos desa especie, para que así existan más 

posibilidades de que se reproduzan con éxito e que a especie non se extinga.  


Algunhas das especies que están en perigo de extinción actualmente son:


  • Osos polares: As principais causas de que estean en perigo 

    de extinción son a caza e o derretemento dos polos. 

    Actualmente quedan sobre 2.200 exemplares.





  • Tigres: Nos últimos anos o número de tigres diminuíu 

    drasticamente, por culpa dos cazadores furtivos, e de 

    que os seu hábitat tamén está sendo destruído por 

    culpa dos humanos. Os máis ameazados son os tigres 

    de Bengala e os de Sumatra. 






  • Osos panda: Estes osos levan varios anos en perigo de 

    extinción, xa que hai moito tempo que o número de 

    exemplares non supera os 2000, debido principalmente 

    á caza furtiva, á desaparición do bambú (que é o seu 

    principal alimento), e a que teñen dificultades para procrear.



  • Gorilas de montaña: Os gorilas de montaña, tamén están 

    en perigo de extinción por causa da caza furtiva e da 

    destrución do seu hábitat natural, en este ano se calculou 

    que quedan sobre 1000 espécimes.  

     




Hoxe en día hay moitas especies de animais que están en perigo de extinción, 

pero todas elas están en ese apuro por causa dos humanos, se son 

rinocerontes, o motivo é a caza, se son tartarugas, o plástico que contamina 

a auga, se son bolboretas, os herbicidas que se botan nas plantas das que 

se alimentan… Polo tanto, se de verdade queremos que as especies que 

están en perigo de extinción deixen de estalo, o que temos que facer é non 

facer nada, deixar aos animais vivir en paz sen interactuar nas súas vidas, 

e así, se non os cazamos nen destruímos o seu ecosistema, deixarán de estar

en perigo de extinción.

 

 

Celso Lema 4ºESO

 
                                                                             

No hay comentarios:

Publicar un comentario

   Animais en perigo de extinción en 2023 Non mundo hay aproximadamente 7,7 millóns de especies de animais  diferentes, lamentablemente, arr...