lunes, 13 de febrero de 2023


Pódese chegar a ter unha cidade tan contaminada que che impide saír da casa?


         

A finais do ano pasado, a calidade do aire en
Nova Delhi, India, era tan mala que as escolas tiveron
que cerrar por motivos de seguridade sanitaria.


Non é sorpresa que India é un dos países máis poboados do mundo, e que aínda que o país non estea moi desenvolvido, ten un gran rol na industria, sendo nova Delhi unha das cidades con máis actividade comercial do mundo, o cal repercute negativamente no seu medioambiente, máis si temos en conta que ten un tamaño relativamente pequeno, sendo de 42 km cadrados (como referencia, Madrid ten 600km cadrados, e Santiago 220).

Isto significa que unha cidade de tamaño moito menor ao habitual existe unha mobilización de mercancía moito maior respecto a outras cidades, hai moitos vehículos de transporte de mercancías, o cal produce moita contaminación nun mesmo lugar.

Por encima disto, un dos principais produtos da India, o arroz, tamén afecta negativamente ao ecosistema, non polo produto, se non polas medidas tomadas con este; tras a colleita do arroz, os arrozais son queimados para desfacerse dos restos, o cal é a principal motivo da existencia da néboa tóxica.

O motivo da toxicidade do "aire" son as partículas PM2.5, partículas microscopicas de 2.5 micras de tamaño. Os grans de area fina son de 90 micras, isto significa que esas particulas son 36 veces máis pequenas que a area máis fina que un se pode encontrar.

Con ese tamaño son capaces de entrar sen dificultades nas vías respiratorias, incluso sin ser inhaladas directamente, cólanse entre os poros da piel para entrar ás veas, e de alí ata as vías respiratoria.

 

Esa é a realidade que viven de cando en vez os habitantes da capital da India, con impedimentos para saír das súas casas debido á polución da súa propia cidade, non é agradable que os xovenes non poidan ir á escola debido á contaminación, e é un dos exemplos que desgraciadamente comezarán a ser máis e máis comúns.










1 comentario:

  1. É un texto moi interesante, xa que che fai ver que non solo temos este problemas en España se non que en outros sitios tamen. E sobre todo o que pode afectar ao noso corpo toda a contaminación que hay no noso planeta, cousa que non temos nada en conta.

    ResponderEliminar

   Animais en perigo de extinción en 2023 Non mundo hay aproximadamente 7,7 millóns de especies de animais  diferentes, lamentablemente, arr...