Dous fortes terremotos de magnitude 7,5 e 7,8 na escala de Richter provocaron a morte de miles de persoas na rexión de Turquía e Siria. Un dos factores polos que morreu tanta xente foi porque os terremotos foron pola noite. Polo medo a novas réplicas os habitantes turcos vense obrigados a permanecer afastados dos seus fogares.
O epicentro1 do terremoto produciuse porque a placa tectónica de Anatolia tivo contacto coa placa arábiga (a uns 7km de profundidade); esta é unha das zonas sísmicas máis activas do mundo.
"O terremoto tivo unha magnitude de 7,8 e o seu hipocentro2 situouse a uns 18km de profundidade, que é pouco para un terremoto de tal intensidade", dixo Galderic Lastras, profesor titular do departamento da Dinámica da Terra e do Océano da Universidade de Barcelona.
Turquía xa desde fai anos implementou medidas para mellorar a súa preparación en caso de terremotos, sen embargo, hai algúns construtores que ignoran as normativas e ademais as construcións vellas non contan con estas instalacións.
Por outro lado, os investigadores do Centro de Investigación de Xeociencias de Alemania sacaron a conclusión de que a tensión tectónica da placa Anatolia e maior dende fai 20 anos, polo que está previsto que os terremotos sexan máis frecuentes, e incluso máis intensos nos próximos anos.
epicentro1: Punto na superficie terrestre situado na vertical do hipocentro que é onde o movemento sísmico adquire a súa maior potencia.
hipocentro2: Punto interior onde se orixina un sismo no interior da codia terrestre da Terra
No hay comentarios:
Publicar un comentario