Animais en perigo de extinción en 2023
Non mundo hay aproximadamente 7,7 millóns de especies de animais
diferentes, lamentablemente, arredor de 5.300 especies de animais
están en perigo de extinción, dos cales 3.400 especies están en perigo crítico.
Pero, cando se considera que un animal está en perigo de extinción?
Pois cando a cifra de animais vivos de esa especie ronda ou é inferior
aos 2500 espécimes, non obstante, cando esa cifra é inferior aos 250
exemplares vivos, considérase que esa especie está en perigo crítico,
cando eso sucede, normalmente se poñen en cautividade aos poucos
integrantes que quedan vivos desa especie, para que así existan más
posibilidades de que se reproduzan con éxito e que a especie non se extinga.
Algunhas das especies que están en perigo de extinción actualmente son:
Osos polares: As principais causas de que estean en perigo
de extinción son a caza e o derretemento dos polos.
Actualmente quedan sobre 2.200 exemplares.
Tigres: Nos últimos anos o número de tigres diminuíu
drasticamente, por culpa dos cazadores furtivos, e de
que os seu hábitat tamén está sendo destruído por
culpa dos humanos. Os máis ameazados son os tigres
de Bengala e os de Sumatra.
Osos panda: Estes osos levan varios anos en perigo de
extinción, xa que hai moito tempo que o número de
exemplares non supera os 2000, debido principalmente
á caza furtiva, á desaparición do bambú (que é o seu
principal alimento), e a que teñen dificultades para procrear.
Gorilas de montaña: Os gorilas de montaña, tamén están
en perigo de extinción por causa da caza furtiva e da
destrución do seu hábitat natural, en este ano se calculou
que quedan sobre 1000 espécimes.
Hoxe en día hay moitas especies de animais que están en perigo de extinción,
pero todas elas están en ese apuro por causa dos humanos, se son
rinocerontes, o motivo é a caza, se son tartarugas, o plástico que contamina
a auga, se son bolboretas, os herbicidas que se botan nas plantas das que
se alimentan… Polo tanto, se de verdade queremos que as especies que
están en perigo de extinción deixen de estalo, o que temos que facer é non
facer nada, deixar aos animais vivir en paz sen interactuar nas súas vidas,
e así, se non os cazamos nen destruímos o seu ecosistema, deixarán de estar
en perigo de extinción.
Celso Lema 4ºESO