lunes, 27 de febrero de 2023

 

 Animais en perigo de extinción en 2023


Non mundo hay aproximadamente 7,7 millóns de especies de animais 

diferentes, lamentablemente, arredor de 5.300 especies de animais 

están en perigo de extinción, dos cales 3.400 especies están en perigo crítico.


Pero, cando se considera que un animal está en perigo de extinción? 


Pois cando a cifra de animais vivos de esa especie ronda ou é inferior 

aos 2500 espécimes, non obstante, cando esa cifra é inferior aos 250 

exemplares vivos, considérase que esa especie está en perigo crítico,

cando eso sucede, normalmente se poñen en cautividade aos poucos 

integrantes que quedan vivos desa especie, para que así existan más 

posibilidades de que se reproduzan con éxito e que a especie non se extinga.  


Algunhas das especies que están en perigo de extinción actualmente son:


  • Osos polares: As principais causas de que estean en perigo 

    de extinción son a caza e o derretemento dos polos. 

    Actualmente quedan sobre 2.200 exemplares.





  • Tigres: Nos últimos anos o número de tigres diminuíu 

    drasticamente, por culpa dos cazadores furtivos, e de 

    que os seu hábitat tamén está sendo destruído por 

    culpa dos humanos. Os máis ameazados son os tigres 

    de Bengala e os de Sumatra. 






  • Osos panda: Estes osos levan varios anos en perigo de 

    extinción, xa que hai moito tempo que o número de 

    exemplares non supera os 2000, debido principalmente 

    á caza furtiva, á desaparición do bambú (que é o seu 

    principal alimento), e a que teñen dificultades para procrear.



  • Gorilas de montaña: Os gorilas de montaña, tamén están 

    en perigo de extinción por causa da caza furtiva e da 

    destrución do seu hábitat natural, en este ano se calculou 

    que quedan sobre 1000 espécimes.  

     




Hoxe en día hay moitas especies de animais que están en perigo de extinción, 

pero todas elas están en ese apuro por causa dos humanos, se son 

rinocerontes, o motivo é a caza, se son tartarugas, o plástico que contamina 

a auga, se son bolboretas, os herbicidas que se botan nas plantas das que 

se alimentan… Polo tanto, se de verdade queremos que as especies que 

están en perigo de extinción deixen de estalo, o que temos que facer é non 

facer nada, deixar aos animais vivir en paz sen interactuar nas súas vidas, 

e así, se non os cazamos nen destruímos o seu ecosistema, deixarán de estar

en perigo de extinción.

 

 

Celso Lema 4ºESO

 
                                                                             

miércoles, 15 de febrero de 2023

O GRAN MITO SOBRE OS TIGRES

 

Toda a vida pensamos que os tigres ou incluso os leóns son felinos, sen embargo, non é certo. Deberíamos referirnos aos leóns, tigres, panteras… como grandes félidos  

 

Os félidos teñen a capacidade de ruxir, pero os felinos non. Ademais os félidos teñen garras retráctiles, é dicir, estas uñas permítenlle aos tigres asexar silenciosamente ás súas presas.


Por outro lado, o termo “Gran Felino” ou big cats son termos incorrectos, xa que estes deberían de ser chamados “Grandes Félidos”. Os grandes félidos encóntranse no grupo dos felidae, que este a súa vez divídese en tres subcategorías: panterinos, félidos e felinos.


Os panterinos a diferenza dos félidos, non poden ruxir, xa que teñen unha larinxe totalmente osificada. Existen 7 especies de panterinos e 31 especies de felinos.


O único animal que se pode considerar un “Gran Felino” é o guepardo, xa que é o único que non ten a capacidade de ruxir e teñen uñas semi-retráctiles a diferenza dos demais.


En conclusión, os tigres, leóns, panteras… son grandes félidos, o único que é un gran felino é o guepardo. Os félidos diferencianse dos demais por ter uñas retráctiles e ter a capacidade de ruxir.

 

 

Sabiades isto?  

 

 


 Óscar Romeu Agraso, 4ºESO B 

 

lunes, 13 de febrero de 2023

SABÍAS QUÉ FOI O QUE PROVOCOU A MORTE DE MILES DE PERSOAS EN TURQUÍA?

 

 

Dous fortes terremotos de magnitude 7,5 e 7,8 na escala de Richter provocaron a morte de miles de persoas na rexión de Turquía e Siria. Un dos factores polos que morreu tanta xente foi porque os terremotos foron pola noite. Polo medo a novas réplicas os habitantes turcos vense obrigados a permanecer afastados dos seus fogares. 


O epicentro1 do terremoto produciuse porque a placa tectónica de Anatolia tivo contacto coa placa arábiga (a uns 7km de profundidade); esta é unha das zonas sísmicas máis activas do mundo.  

 

"O terremoto tivo unha magnitude de 7,8 e o seu hipocentro2 situouse a uns 18km de profundidade, que é pouco para un terremoto de tal intensidade", dixo Galderic Lastras, profesor titular do departamento da Dinámica da Terra e do Océano da Universidade de Barcelona. 

 

Turquía xa desde fai anos implementou medidas para mellorar a súa preparación en caso de terremotos, sen embargo, hai algúns construtores que ignoran as normativas e ademais as construcións vellas non contan con estas instalacións.


Por outro lado, os investigadores do Centro de Investigación de Xeociencias de Alemania sacaron a conclusión de que a tensión tectónica da placa Anatolia e maior dende fai 20 anos, polo que está previsto que os terremotos sexan máis frecuentes, e incluso máis intensos nos próximos anos.    

 

epicentro1: Punto na superficie terrestre situado na vertical do hipocentro que é onde o movemento sísmico adquire a súa maior potencia.

hipocentro2: Punto interior onde se orixina un sismo no interior da codia terrestre da Terra



Pódese chegar a ter unha cidade tan contaminada que che impide saír da casa?


         

A finais do ano pasado, a calidade do aire en
Nova Delhi, India, era tan mala que as escolas tiveron
que cerrar por motivos de seguridade sanitaria.


Non é sorpresa que India é un dos países máis poboados do mundo, e que aínda que o país non estea moi desenvolvido, ten un gran rol na industria, sendo nova Delhi unha das cidades con máis actividade comercial do mundo, o cal repercute negativamente no seu medioambiente, máis si temos en conta que ten un tamaño relativamente pequeno, sendo de 42 km cadrados (como referencia, Madrid ten 600km cadrados, e Santiago 220).

Isto significa que unha cidade de tamaño moito menor ao habitual existe unha mobilización de mercancía moito maior respecto a outras cidades, hai moitos vehículos de transporte de mercancías, o cal produce moita contaminación nun mesmo lugar.

Por encima disto, un dos principais produtos da India, o arroz, tamén afecta negativamente ao ecosistema, non polo produto, se non polas medidas tomadas con este; tras a colleita do arroz, os arrozais son queimados para desfacerse dos restos, o cal é a principal motivo da existencia da néboa tóxica.

O motivo da toxicidade do "aire" son as partículas PM2.5, partículas microscopicas de 2.5 micras de tamaño. Os grans de area fina son de 90 micras, isto significa que esas particulas son 36 veces máis pequenas que a area máis fina que un se pode encontrar.

Con ese tamaño son capaces de entrar sen dificultades nas vías respiratorias, incluso sin ser inhaladas directamente, cólanse entre os poros da piel para entrar ás veas, e de alí ata as vías respiratoria.

 

Esa é a realidade que viven de cando en vez os habitantes da capital da India, con impedimentos para saír das súas casas debido á polución da súa propia cidade, non é agradable que os xovenes non poidan ir á escola debido á contaminación, e é un dos exemplos que desgraciadamente comezarán a ser máis e máis comúns.










martes, 21 de diciembre de 2021

NADAL SOSTIBLE






 Chega a época na que disfrutamos das festas do Nadal, non por iso, debemos esquecernos de coidar o medioambiente. Debemos coidar a enerxía e os recursos naturais, así que aquí vos damos algúns exemplos do que podedes facer.

Á hora de poñer a árbore, mercaremos unha artificial para poder reutilizala durante varios anos.

Cando falamos de alimentos, recomendamos que sexan produtos locais elixindo o material que empregaremos para elaborar os nosos platos.

Non menos importate é a iluminación, sempre que poidamos empregaremos iluminación LED , consumindo deste xeito menos enerxía.

E por último, en relación a decoración, faremos adornos de recortes utilizando materiais reciclados, así como no caso do empaquetado de agasallos.

Mostrámosvos un exemplo de empaquetado de agasallos feito polos alumnos de 1º E.S.O.

FACEDES ALGUNHAS DESTAS COUSAS?

viernes, 17 de diciembre de 2021

 

      Lecturas para o Nadal


¿Sabedes que é a divulgación científica?

  Ø  Todas as actividades (lecturas, charlas, blogs…) que fan accesible a todas as persoas interesadas no coñecemento científico da sociedade na que vivimos.

Por iso, aquí presentamos varios libros interesantes e entretidos de diversos temas relacionados coa ciencia.

En primeiro lugar, expoñemos un libro que trata e informa sobre a vida de Jane Goodall, Dian Fossey e Biruté Galdikas; tres marabillosas científicas que cambiaron a nosa visión do mundo animal.

·     Jane Goodall estudou coma ninguén antes aos chimpancés e descubriu que usan ferramentas coma nós.

·         Dian Fossey protexeu con firmeza o hábitat dos gorilas e deu a coñecer a súa precaria situación a todo o mundo.

·         Biruté Galdikas estudou un dos simios máis descoñecidos e á vez máis parecido a nós; o orangután, e revolucionou o movemento pola conservación da selva.




viernes, 19 de noviembre de 2021

TERRITORIO CIENCIA ATACA DE NOVO!!

Ola xente. Presentámosvos un blog científico sobre temas actuais no que se poderá formular cuestións de divulgación científica. 

Este ano estaremos máis actualizados; respostaremos de forma fácil pero cientificamente. O propósito é chegar a entender acontecementos que están acontecendo hoxen en día (coronavirus, volcáns, incendios...).

Agradeceremos a vosa participación.

Escríbenvos os vosos compañeiros que este ano escollemos a optativa de Cultura Científica de 4º de ESO: Raquel, Lucía, Zuleima, Ángela, Óscar e Martín; dirixido pola mestra Lucía G. 

                                                                     


   Animais en perigo de extinción en 2023 Non mundo hay aproximadamente 7,7 millóns de especies de animais  diferentes, lamentablemente, arr...